Full name:
Manuel "Léxuam" González
About:
Linguas: galego (nativo, C2), castelán (nativo), inglés (C1), portugués (A2)
Encántame traballar con sistemas de xogo, sobre todo con xogos de mesa e en concreto con xogos de cartas, pero tamén un pouco con xogos de rol e non me importaría aprender sobre videoxogos. Son graduado en Lingua e literatura galegas e antigo estudante de Lingua e literaturas españolas, así que podo exercer de tradutor. Teño nocións básicas de dobraxe (fixen un par de cursos, pero non exercín).
A miña experiencia en game design até o de agora non foi profesional: os meus principais traballos foron cartas fans de Yu-Gi-Oh! e criaturas "Homebrew" para D&D. Porén, a partir de 2020 estiven deseñando xogos pola miña conta e probando algúns con amigos. Durante a Game Jam de 2020, colaborei na creación de Parche Pirata, un xogo de mesa que non foi rematado a tempo (non dispoñible na páxina da Jam).
Ademais, tamén formo parte de Carneros de Neón, un proxeto atualmente inactivo, onde facía de corrector e actor ocasional, ademais de ser un dos encargados da canle de rol de Carneros, Carneros & Calabozos.
Skills:
- game design
- story and narrative
- writing